23 mayo, 2024
A célebre Festa do Banquete de Conxo regresa un ano máis para traer un bo número de propostas e actividades a un barrio que, dende hoxe venres e durante toda a fin de semana, poderá desfrutar dunha experiencia literaria no bosque, aprender algunhas leccións de danza tradicional ou incluso participar nunha scape room.
Ahí vai o calendario desta xornada de apertura.
17.30 h «As voces do bosque». Un percorrido literario pola histórica carballeira de Conxo guiado polo editor e escritor Quique Alvarellos onde se lembrará a autoras/é que escribiron sobre o bosque ou neste mesmo lugar, desde o século XII ata o XX. Adaptado a todos os públicos. Idioma: galego. Duración. 90 min aprox. Punto saída: diante da igrexa de Conxo. Inscrición en rutabanquete@santiagodecompostela.gal.
18.30 h Taller de baile tradicional a cargo da Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos. Poderanse adquirir competencias básicas no achegamento á danza tradicional galega, con acompañamento de música en directo de pandereiteiras, onde se aprenderán puntos para a danza de ritmos tan populares como a xota ou a muiñeira. Actividade aberta ao público en xeral sen inscrición previa. Praza de Conxo.
19.00 h / 20.45 h SCAPE ROOM Banquete de Conxo. Aproveitando a riqueza natural que nos ofrece o contorno do Bosque do Banquete desenvolveremos esta actividade onde o noso principal obxectivo será coñecer en familia a historia e recursos naturais que o rodea. Con probas e xogos divertidos, os participantes terán que demostrar os seus coñecementos sobre este fito histórico. Grupo máximo de 10 persoas por quenda (cada menor poderá acudir acompañado dun adulto). Idade recomendada de 7 a 14 anos. Inscrición desde o 15 ao 22 de maio no CSC de Conxo.
19.30h Taller de cantos de taberna a cargo de Muiñeiros do Sarela. CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
21.00 h Cantos de taberna nos bares do barrio. Coa participación dos grupos de Santiago Esfolladores, Colexiata de Sar, Muiñeiros do Sarela, Devagariño, Sapamamas, Son dá illa, Cantamadeira e cantador@s de recandea. Os cantos terán lugar nos bares Caimán, A Chara, Alquimia, Barrigola, Marló, vos Mallos, Meiga e a cantina da comisión. Actividade coordinada por Muiñeiros do Sarela.