18 noviembre, 2025
O proxecto musical Tona, liderado por Miguel Cernadas (Terbutalina), dará a coñecer o 2 de decembro o seu álbum debut, titulado ‘Cruseiro’, un traballo no que se mesturan sonoridades diversas e coplas retranqueiras que convidan a bailar.
‘Cruseiro’ combina tradición e innovación. As rumba, jotas, muiñeiras e pasodobles conviven con acordes de blues e melodías da terra, nunha proposta musical que Miguel Cernadas define como “festiva e feita para bailar”. O álbum, que xa adelanta catro temas –Maio, O casal, Rhumba95 e Carracho–, é descrito polo músico como “unha apoloxía da aldea, da lingua, do noso carácter e da nosa tradición”.
“Tona nace da necesidade de seguir facendo música, aprendendo e investigando, buscando sonoridades diferentes para botarlle o que sempre se botou”, explica Cernadas, quen lidera o proxecto acompañado de Tomás Ageitos (Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e composición; Andrés Real (Oh Ayatollah) ao baixo; Roberto Comesaña no acordeón; e Gutier Álvarez no violinofón. Víctor Álvarez participa como coautor, arranxista e técnico de son ao vivo.
A estrea de ‘Cruseiro’ terá lugar o sábado 6 de decembro na Foliada da Fonsagrada, que este ano celebra a súa décima edición, a partir das 12.00 horas. Unha ocasión para disfrutar dunha festa musical que promete poñer a bailar ao público co estilo único e retranqueiro de Tona.