Gilipojazz - Foto DS
5 noviembre, 2025
Que non vos engane o nome. Non teñen nada de parvos nin tampouco fan jazz. O trío madrileño, formado por Iker García, Ángel Cáceres e Pablo Levin desmárcase totalmente da escena musical ao uso cun estilo frenético que aborda humor e virtuosismo a partes iguais.
Musicalmente, nos concertos de Gilipojazz resoan ecos do rock progresivo, do funk, do groove, arrebatos ramonianos e mesmo pinceladas de música clásica. O resultado é tan persoal como indefinible. Tan magnético como abraiante. Uns directos explosivos e teatrais que conquistaron ao público e a crítica. Ata o punto de se converter, en xullo deste ano, na primeira e única banda española de rock que actuou no mítico Festival de Jazz de Montreux.
Un directo de Gilipojazz é unha experiencia, unha performance continua, unha canallada musical con tanto talento que ata o erro parece planeado. E iso non se ensaia. Iso lévase no sangue ou nalgún tipo raro de tolemia compartida que fai que un concerto seu non se esqueza.
Nomeados a tres Premios da Música, Gilipojazz preséntanse como un fenómeno musical tan virtuoso como irreverente. Relataba a crónica dun recente concerto do trío que: «A relación da música popular coa comedia vén de lonxe, con representantes tan ilustres como os arxentinos Les Luthiers, os británicos Monty Python ou o norteamericano Frank Zappa. Gilipojazz teñen un pouco de todos eles, aínda que engaden elementos locais».
Data: Xoves 6 novembro
Lugar: Riquela Club. Santiago
Apertura de portas: 19.30 h
Entradas: 15€ (+gastos de xestión) en venda anticipada | 20€ na billeteira da sala
Venda de entradas: A Reixa-Matrioska e salacapitol.com
La artista Sara Pérez acaba de abrir un segundo estudio de tatuaje, este en Santiago de Compostela, junto a su pareja, Carlos Ordóñez. Ambos, también en lo profesional, se compenetran a la perfección. Ella tatúa y él los elimina con láser. Toda una economía circular alrededor del tatuaje. EFE/Xoán Rey