Catro persoas privadas de liberdade, dúas dende o centro penitenciario de Teixeiro disfrutando dun permiso, e outras dúas dende unha vivenda de acollida de Cáritas para acoller a reclusos de segundo e terceiro grao de forma temporal, na cidade da Coruña, deron o seu testimonio
24 octubre, 2025
O pasado xoves no Seminario Maior Interdiocesán celebramos o xubileo de presos. Esta celebración no marco do xubileo da esperanza convocado neste ano 2025 polo papa Francisco pretende acercar a realidade dos cárceres as parroquias, comunidades e movementos. Por elo dende a Delegación de pastoral penitenciaria organizan encontros mensuais en diferentes puntos, e neste mes de outubro decidiron achegar esta realidade ó Seminario Maior.
Catro persoas privadas de liberdade, dúas dende o centro penitenciario de Teixeiro disfrutando dun permiso, e outras dúas dende unha vivenda de acollida de Cáritas para acoller a reclusos de segundo e terceiro grao de forma temporal, na cidade da Coruña, deron o seu testimonio. A xornada comezamola, como peregrinos acercándonos pola maña a tumba do Apóstolo e visitando as cubertas das catedrais. O grupo de privados de liberdade xunto cos voluntarios da pastoral penitenciaria e dous traballadores de institucións penitenciarias que os acompañaban, viñeron compartir a comida connosco o seminario, onde tivemos a oportunidade de coñecelos de primeira man.
Logo, as cinco da tarde a xornada trasladouse a aula de estudo do seminario donde se sumou un grupo de persoas de diferentes eidos da cidade que acudiron a convocatória, pois como nas demais celebracións xubilares que organiza a Delegación de pastoral penitenciaria decidiuse que fose aberta, algo por outro lado habitual no Seminario que ó longo do ano realiza diversas actividades abertas a veciñanza.
Este grupo xunto coa comunidade do Seminario tivo a oportunidade de escoitar de primeira man os testimonios dos catro privados de liberdade que puxeron diante de nós a súa realidade e día a día no cárcere. O longo da case hora e media que durou este coloquio pudemos preguntarlles e compartir as nosas impresións e sentires con eles e o resto de participantes.
Finalmente acudimos a Capela do Seminario para rematar a xornada na presenza do Señor mediante unha breve meditación organizada por un grupo de seminaristas.