2 septiembre, 2024
No primeiro día do mes de setembro, momento de cambios e novas etapas, a AFC (Asociación de amigxs de fan cousas) celebrou o seu terceiro evento. O espírito desenfadado da organización completou o capacidade de asistentes na xornada de onte, na que se ofrecían concursos como o de deseño de mascotas e os concertos de Cibrán e Radio Braña. Unha boa maneira de comezar o curso escolar ou asumir que a fin do verán está moi preto.
«A sensación era de que toda a xente que asistiu o pasou moi ben», relata Cibrán, membro fa AFC e artista do cartel de onte. «Moi agradecido de debutar no meu primeiro concerto en solitario entre xente amiga», onde presentou o seu disco ‘Saudade sempre’.
Para Radio Braña o resumo sería que foi «un éxito total» pois ao final saben que non ter ánimo de lucro, non é antónimo de conseguir o máximo triunfo posible. Juan Esturao, nome real detrás deste proxecto musical e membro tamén da organización, queda cunha boa sensación a pesar de considerar que o seu directo comezou «accidentado, pero conseguimos reconducilo a algo que nos gustou. A xente participou e divertiuse».
Entre boas palabras os creadores e participantes do encontro festexaron esta terceira reunión á espera de que non paren de seguir creando para a veciñanza da cidade.
AFC é unha asociación sen ánimo de lucro que busca crear novos espazos en Compostela dende a cultura underground ofrecendo ocio e concertos de forma auto-xestionada. Desta forma buscan facer eventos dende Santiago para xente de Santiago
.