A VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico terá lugar esta fin de semana en Barcelos: Foto: Concello de Santiago.
13 abril, 2024
Este sábado 13 e domingo 14 de abril celébrase na cidade portuguesa de Barcelos a VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico. Este concurso musical, nado en 2008, contará coa participación de 408 mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal nunhas xornadas abertas ao público. Santiago estará representado ola Banda Sinfónica, polo Coro Profesional do Conservatorio Profesional de Santiago (CMUS) e por un trompetista solista da Escola Municipal de Música de Santiago.
O Eixo Atlántico convocou a oitava edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico que se celebra bianualmente «coa finalidade de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando a aqueles músicos intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música en Galicia e no Norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico».
32 solistas e 343 participantes en agrupacións de 30 escolas de música e conservatorios de 22 municipios del Eixo Atlántico, interpretarán pezas de música clásica e jazz. O/as solistas, de entre 8 e 18 anos, e os grupos, nos que participan mozos de ata 25 años, son de Barcelos, Gaia, Braga, Famalicão, Santa Maria da Feira, Guimarães, Vila do Conde, Fafe, Bragança, O Barco de Valdeorras, Felgueiras, A Coruña, Amarante, Ferrol, Vila Real, Gondomar, Santiago de Compostela, Mirandela, Ponteareas, Esposende, Viana do Castelo e Matosinhos. A final e entrega de premios será o 14 de abril.
No mes de xuño de 1982 o Parlamento de Galicia trasladouse provisionalmente ao Pazo de Fonseca, cedido pola Universidade de Santiago de Compostela. Parte das dependencias administrativas continuaron nos baixos do Pazo de Raxoi, cedidos polo Concello de Santiago de Compostela. En Fonseca, o Lexislativo galego estivo instalado entre xuño de 1982 e febreiro de 1989. Na foto, unha sesión no Parlamento. Fotos: AG e PG