Monte do Gozo.
12 junio, 2025
O Concello de Santiago reforzou o servizo de recollida de lixo con motivo da celebración do festival O Son do Camiño, que se desenvolverá do 12 ao 14 de xuño no Monte do Gozo. A Concellaría de Servizos Básicos, dirixida por Xesús Domínguez, instalou preto de 60 novos colectores en puntos estratéxicos da zona para facilitar a reciclaxe e garantir a limpeza durante o evento.
O obxectivo da medida é promover o respecto polo medio ambiente e a sustentabilidade nun evento que congrega a milleiros de persoas. O Concello tamén fixo un chamamento á colaboración das persoas asistentes, pedíndolles que empreguen correctamente os colectores e axuden a manter limpa a contorna.
Os colectores foron distribuídos da seguinte maneira:
18 na Rúa das Estrelas
9 na Calzada de San Marcos
4 na entrada da Rúa das Estrelas
3 na entrada ao Monte do Gozo
2 no Tangueiro
2 na Rúa do Peregrino
2 na Rotonda de Casas Novoa
4 na Bodeguilla de San Lázaro
10 no Campo de Fútbol
Ademais, a empresa Coregal reforzará a recollida de papel-cartón con máis contedores específicos.
Estes colectores están deseñados para facilitar a separación de residuos: papel, cartón, plástico, latas, vidro e residuos xerais. O Concello destaca que esta infraestrutura busca implicar ás persoas asistentes na reciclaxe e no coidado da contorna, reforzando o compromiso de Santiago cun festival sostible.
Separar correctamente os residuos e utilizar os colectores asignados.
Reducir o uso de plásticos, optando por botellas reutilizables e evitando envases dun só uso.
Manter as áreas comúns limpas, sen deixar lixo fóra dos colectores.
Con esta acción, Santiago reafirma o seu compromiso cunha cultura de ocio responsable e respectuosa co medio ambiente.