27 mayo, 2024
Durante o acto de entrega do XI Premio da Excelencia Empresarial, que foi outorgado polo Club Financeiro de Santiago, o titular do Goberno galego Alfonso Rueda destacou que o tecido empresarial da comunidade practica un galeguismo de feitos, compromisos e realidade que axuda a construír a Galicia do presente e do futuro.
Rueda recoñeceu que Galicia conta con numerosas empresas excelentes en diferentes eidos, pero lembrou que a aposta da Xunta é seguir atraendo novos investimentos á comunidade.
Neste ámbito, segundo o presidente, Galicia ofrece un marco político, administrativo e legal estable e que ofrece garantías e certezas aos potenciais investidores, destacando máis tarde algunhas das medidas que ten en marcha a Xunta para apoiar ao tecido empresarial como a creación da Oficina Económica de Galicia, que busca reducir a burocracia á hora de poñer en marcha un proxecto e acurtar os prazos dos trámites, medidas de carácter tributario ou facilidades para acceder ao solo industrial.
Acompañado da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou que o sector empresarial e industrial está a vivir unha gran transformación na que xorden novas oportunidades e na que Galicia non pode quedar ao marxe.
Por último, o líder do executivo resaltou o compromiso social, a capacidade de adaptación e o traballo constante da directiva de Limpezas Salgado, compañía galardoada nesta edición pola súa excelencia.