10 junio, 2024
A SELIC continúa esta semana con diversas propostas que arrancan desde este mismo luns, cando os lectores poden desfrutar dunha tarde con diferentes actividades.
PROGRAMA DÍA 10 DE XUÑO
16h30 – O misterio das Gárgolas
Paseo comentado, por algunhas das máis singulares gárgolas de Compostela. (75 a 90 min. 30 prazas)
Inscricións: gargolas@alvarelloseditora.gal
No posto de Alvarellos.
18h00 – 50 anos de abril na Galiza.
Libro que conmemora o 50 aniversario do 25 de abril de 1974 e que recolle testemuños de varios autores de Galicia e Portugal co obxectivo de marcar a data e a implicación galega neste evento. Estarán presentes unha voz galega, o profesor Roberto Samartim, un dos redactores, e Manuel Durán Clemente, capitán da Revolución de Abril. Através Editora.
19h00 – Taller para monetizar desgrazas
A obra de banda deseñada de Afra Torrado: Fago o que podo, gañadora do Premio Follas Novas, está a ser un éxito de público e crítica.
[Colabora: Premio Follas Novas do Libro Galego]
20h00 – Un anarquista, de Diego Ameixeiras
O xornalista Luis Pardo entrevista ao autor sobre o seu último libro. Edicións Xerais.