6 agosto, 2024
Os oficios de pratería e acibechería son parte esencial de Compostela, presentes desde a fundación da cidade e anteriores á propia Catedral. A S.D. Compostela, como símbolo deportivo da cidade, e a asociación de “Ourives de Compostela” lanzan un proxecto para promover estes oficios a través dunha estratexia cultural e deportiva.
A iniciativa inclúe diversas accións, destacando a nova equipación oficial da S.D. Compostela para a tempada 2024/2025. A camiseta, de cor acibeche e cunha cuncha de vieira, será utilizada nos partidos fóra da cidade e nalgúns en casa. Esta camiseta, acompañada dun díptico explicativo sobre os oficios ourives e un pedazo de acibeche en bruto, estará á venda nos puntos oficiais do club. Ademais, en cinco partidos fora de Galicia, o Compos realizará exhibicións de acibechería nas prazas maiores das cidades visitadas, como Valladolid e Santander.
O proxecto conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Santiago. No acto de presentación da camiseta, Enrique Fink e Miguel Fernández destacaron o orgullo e a relevancia da iniciativa para promover estes oficios tradicionais. O evento contou coa asistencia de Xosé Manuel Merelles, Xosé Regueira e María Rozas.