Cartel promocional do evento.
25 mayo, 2024
David Perdomo e Xosé A. Touriñán aterrizan este domingo 26 na capital compostelá con Corentena, un espectáculo que ten a súa orixe nuns meses de confinamento, en 2020, nos que os humoristas comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.
Catro anos despois ambos dan o salto aos escenarios nun formato no que «pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia».
Así, en Corentena, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.
A cita terá lugar mañá ás 20,00 horas no Auditorio de Galicia, aínda que segundo a web do propio espectáculo, as entradas xa se atopan esgotadas.
Fotografía de archivo, tomada el pasado 5 de agosto, en la que se captó al presidente de Estados Unidos, Donald Trump (i), al hablar con el arquitecto James McCrery (d), al recorrer el techo de la Casa Blanca, antes de iniciar las remodelaciones del Ala Este de la residencia presidencial estadounidense, en Washington, DC (EE.UU.). EFE/Samuel Corum/Pool