25 junio, 2024
O Concello compostelá anunciou a través dun comunicado do próximo peche do parque infantil da Alameda entre os días 1 e 7 de xullo.
Así, este espazo permanecerá pechado por mor da realización de obras «de mantemento no pavimento amortiguador», sinalou o propio Concello, que pregou á cidadanía «que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.»
Nesta liña o parque reabriu o novembro do pasado 2023 despois de varios meses inactivo nos que se levou a cabo unha profunda remodelación.