Dos agentes de la Guardia Civil.
10 junio, 2025
Con motivo da celebración do festival O Son do Camiño, que terá lugar no Monte do Gozo os días xoves 12, venres 13 e sábado 14 de xuño, o Concello de Santiago anunciou importantes restricións circulatorias e reforzos nos servizos de transporte urbano para garantir a seguridade e a mobilidade durante o evento.
Dende as 12:00 horas do xoves 12 ata as 05:00 do domingo 15, permanecerán pechadas ao tráfico varias rúas nas inmediacións do Monte do Gozo: rúa das Estrelas (desde a rotonda con Fernando Casas Novoa), rúa do Gozo, rúa San Martiño e rúa da Agra dos Campos. Só poderán acceder vehículos de emerxencia.
As persoas residentes poderán entrar, previa acreditación pola organización, pola rúa San Martiño ou pola zona de Aríns. Os vehículos de persoas con mobilidade reducida que asistan aos concertos accederán pola rúa do Gozo.
Ademais, en función da afluencia de tráfico, especialmente ao remate dos concertos, poderán producirse cortes puntuais nas rúas de Senande, Santa Eulalia de Bando e San Marcos. Tamén poderá pecharse temporalmente a estrada N-634, recomendándose nese caso empregar a autovía A-54.
Recoméndase o uso do transporte público, que será reforzado con dous servizos especiais lanzadeira e unha liña específica para campistas. Tamén se habilitarán zonas de estacionamento no Estadio de San Lázaro e na Cidade da Cultura.
Servizos lanzadeira: Funcionarán os días 12, 13 e 14 de forma continua. Os servizos de ida operarán de 15:00 a 22:30 e os de volta de 22:30 a 05:00 horas.
Liña especial 1: Saída desde as dársenas da Cidade da Cultura. O regreso será desde a rúa San Lázaro nº 104.
Liña especial 2: Saída desde a estación de autobuses (dársenas 21 a 25). O regreso desde a avenida Fernando Casas Novoa.
Liña especial para campistas: Ida o xoves 12 de 10:00 a 14:00 horas e volta o domingo 15 no mesmo horario. Conectará o aparcadoiro do multiusos Fontes do Sar coa zona de camping no Monte do Gozo (cruce de Senande e rúa das Estrelas).
Tamén se poderá acceder ao Monte do Gozo mediante as liñas 6 e 7 do transporte urbano:
Liña 6 (Os Tilos – San Marcos): Paradas próximas ao complexo (zona Costa de San Marcos e Hotel Santiago Apóstol). Con servizos ata as 23:00 horas, terá frecuencias de 20 minutos o xoves e venres, e 30 minutos o sábado pola tarde.
Liña 7 (Valle Inclán – Aríns): Paradas na zona do cruce entre Senande e San Martiño. Frequencia de 60 minutos durante os tres días, con servizo ata as 22:00 horas.
O Concello de Santiago solicita á cidadanía a súa colaboración, que siga as indicacións da Policía Local e lamenta as posibles molestias ocasionadas polas alteracións no tráfico durante a celebración do festival.