25 septiembre, 2024
Nun evento con moito brilli-brilli, O Faiado yasifica as instalacións da facultade de Dereito da Universidade Santiago de Compostela para comezar o curso con moitas risas gracias ás intervencións da boyband galega de moda, The Rapants.
Onte, dous días antes de que o grupo de Muros poña a bailar aos estudantes da capital galega, o podcast gravou en directo e con público o que será o seu primeiro capítulo desta tempada. Arredor da idea do inicio na aventura universitaria e da creación de amistades as condutoras do programa entrevistaron aos catro integrantes de The Rapants, unha conversa na que non faltaron risas e moitos aplausos por parte de todos asistentes.
Iria e Leila bromearon continuamente coa idea de facerse maior xusto que ten lugar na etapa que prosigue á obtención do título universitario. Cun só integrante da banda cunha carreira, todos puideron aclarar que os estudos son moi importantes pero eles tiveron a sorte de que o rock n roll chegou ás súas vidas no momento idóneo. Mati, Xanma, Samu e Xaquín intentaron seguir as preguntas das xornalistas co humor que lles caracteriza fóra e dentro dos escenarios.
Coa sala chea de xente durante unha hora de directo, o grupo de seis rapazas conseguiron facer un evento que forma parte das actividades ofrecidas pola USC para dar a benvida ao curso universitario e aos novos alumnos.
📢 Comeza o curso!!! Xa está en marcha unha nova edición das xornadas #BenvidaUSC que terán lugar do 16 ao 26 de setembro nos campus de Lugo e de Compostela. Aquí tes todo o programa de actividades 👇https://t.co/6Jbgr9J0xC pic.twitter.com/xazCiUINel
— USC (@UniversidadeUSC) September 9, 2024