Neste mes primaveral, o Espazo Apego acollerá dous mércores moi bibliófilos: o Día da literatura infantil e xuvenil e o Día do libro nos que se celebrará a nosa literatura.
1 abril, 2025
Este abril, o Espazo Apego ofrece unha programación especial que celebra a literatura galega, dirixida especialmente á cativada. Durante o mes, os mércores estarán dedicados á literatura e á socialización en galego, coa celebración do Día da Literatura Infantil e Xuvenil e o Día do Libro. O programa incluirá actividades que van desde a creación de libriños comestibles ata obradoiros literarios e espectáculos musicais, todos con inscrición previa.
A actividade «A lingua medra» continuará os luns, destinada aos máis pequenos de entre 2 e 6 anos, con actividades que fomentan a imaxinación e o desenvolvemento lingüístico. Cada semana, os nenos e nenas realizarán diferentes actividades como merendar libriños feitos con ingredientes comestibles ou participar en xiros de xogos.
Programa de actividades:
Luns 7: Merendolas: Libriños comestibles
Luns 14: Movéndonos con Apego
Luns 21: Quen vén?
Luns 28: Experimentamos
Os martes estarán reservados para as Tardes de Contos, unha actividade en que as nenas e nenos poderán adentrarse no mundo da imaxinación e da linguaxe, con dous horarios diferenciados: de 17 a 18 h para bebés de 0 a 3 anos, e de 18:15 a 19:15 h para nenos de 3 a 6 anos. As actividades abordarán diferentes temáticas mensuais.
Os mércores, por súa parte, terán lugar as actividades de Enredando e Lingoretando, centradas en fomentar a socialización en galego a través do xogo activo, tanto libre como guiado. Haberá dous grupos diferenciados: para 3-6 anos sen acompañamento de adultos e para 0-3 anos con acompañamento. A actividade ocorrerá de 17 a 19 h.
Mércores de abril:
Mércores 2: Xogamos coas palabras
Mércores 9: Fabricamos xoguetes
Mércores 16: Imos ao patio
Mércores 23: Xincana de palabras
Mércores 30: Xincana de palabras
Os xoves, o programa Tachán! traerá espectáculos e actividades culturais. O xoves 10, os máis pequenos (de 3 a 6 anos) poderán disfrutar do espectáculo musical «Ecoralia, a lambona ecolóxica», de Pakolas, que ensinará a importancia dos alimentos ecolóxicos para coidar o medio ambiente e combater o cambio climático. O xoves 24, «O cuco veu por acá e marchou por alá», de Percubebés, será un obradoiro de percusión que combinará música e xogo para bebés e as súas familias.
Xoves 10: “Ecoralia, a lambona ecolóxica” (de 3 a 6 anos)
Xoves 24: “O cuco veu por acá e marchou por alá” (de 0 a 4 anos)
Todas as actividades requiren inscrición previa, e as prazas serán confirmadas por correo electrónico o día anterior á actividade. Para garantir a correcta organización, as persoas interesadas deberán cubrir os formularios de inscrición previamente habilitados.
Este mes de abril, o Espazo Apego continúa a súa tarefa de apoiar o desenvolvemento cultural e lingüístico da cativada galega, ofrecendo espazos de aprendizaxe e diversión arredor da nosa lingua e cultura.
Unha das visitas obrigadas de todo aquel que se achegue ao termo municipal de Cervo é o Parque Natural de Sargadelos, situado na parroquia do mesmo nome. Dende Cervo pódese acceder a Sargadelos mediante un agradable paseo polo Camiño Real bordeando o Río Xunco e contemplando diversas fervenzas e muíños de auga. Unha vez chegados ás inmediacións do Parque Natural de Sargadelos, as suxestivas paisaxes invaden a vista do tranquilo verdor, destacando o Conxunto Histórico Artístico, cos restos das Antigas Fundicións e Fábricas de Louza, fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, no século XVIII. Neste enclave natural pódese camiñar polo Paseo dos Namorados que finaliza nunha bonita fervenza. Así mesmo, pódense contemplar nos seus arredores frondosos bosques salpicados de casas rurais, como a Casa da Administración ou o Pazo do Marqués de Sargadelos, que definen a súa paisaxe como rural e señorial. Fotos: Concello de Cervo e DS
O Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos está ubicado no Antigo Edificio das Cabalerizas, reformado e acondicionado polo Concello de Cervo, con fondos procedentes da Xunta de Galicia, para a creación dun centro de artesanía e de actividades singulares adaptadas á contorna. Fotos: Concello de Cervo