O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora presentan un libro que recolle a historia do concello de Conxo

A obra «Historia do antigo concello de Conxo» recolle doce traballos de investigación sobre temas relacionados coa historia, o patrimonio e a vida cotiá do concello de Conxo, que foi un municipio independente durante case un século, entre 1835 e 1925, cumprindo neste ano 2025 o centenario da súa anexión a Santiago de Compostela