17 septiembre, 2024
O III Seminario de Mulleres STEM, organizado pola Cátedra de Transición Enerxética GENESAL Energy, celebrarase o 18 de setembro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela. Esta edición, baixo o título «Innovación e Liderado na Transición Enerxética», centrarase no papel fundamental das mulleres na innovación tecnolóxica e no desenvolvemento de enerxías renovables, así como nas súas contribucións á toma de decisións estratéxicas que están a marcar a diferenza no sector.
O evento, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 13:30 horas, está dirixido tanto á comunidade académica como a profesionais interesados na transición enerxética. Entre as relatoras destacan figuras como Margarita Ardao, directora xeral de Estratexia Industrial da Xunta de Galicia, e varias enxeñeiras e profesionais do sector enerxético. A través das súas experiencias, compartirán retos e solucións, inspirando ás futuras xeracións de mulleres STEM e promovendo a igualdade de oportunidades no campo da enerxía
.