4 septiembre, 2024
A compostelá praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 2 de setembro, vítima de violencia de xénero, en Castellón
Tanto membros da Corporación e persoal como do Concello participaron neste acto no que volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
«A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas», sinalaron a través dunha nota de prensa.