21 junio, 2024
A praza do Obradoiro acolleu no mediodía deste venres un minuto de silencio pola muller asasinada en Madrid o pasado 18 de xuño, vítima de violencia de xénero.
Tanto membros da Corporación como do persoal do Concello participaron neste acto, no que se gardou dito minuto de silencio e volveuse así a dar cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
«A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas», destacou o Concello compostelá.