4 junio, 2024
A figura de Franz Kafka (1883-1924) protagonizará unha nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico. A cita, organizada polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, terá lugar mañá, mércores día 5, ás 18,00 horas no Salón de Actos da propia Facultade e nela poderase desfrutar dunha serie de curtas experimentais sobre relatos do autor praguense, unha cita que serverá para render homenaxe a un dos autores mais destacados da literatura universal no ano en que se conmemora o centenario do seu pasamento.
PROGRAMA
Alexander Alexeieff: «Ante a lei», fragmento de «O proceso» (1962), de Orson Welles, 3 min.
Caroline Leaf: «The Metamorphosis of Mr. Samsa» (1977), 10 min.
Tom Gibbons: «The Hunger Artist» (2002), 16 min.
Kōji Yamamura: «Kafuka: Inaka Isha» [Un médico rural] (2007), 21 min.
Ivan Orlenko: «In our synagogue» (2019), 20 min.
Trátase dunha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC. A entrada é de balde ata completar aforo.