13 septiembre, 2024
O Ateneo de Santiago presenta a sexta edición do Festival de Música Antiga e Barroca (Ateneo Barroco) para o mes de outubro de 2024. Unha proposta musical orixinal e singular en Galicia, tanto polos seus contidos como pola súa concepción, tomando como punto de partida as músicas antigas e do Barroco, que ben poden simbolizar un período de intercambio e diálogo cultural en Europa e nas que podemos atopar un espello no que mirarnos e inspirarnos para que, a través da música como linguaxe universal, se poida impulsar a comprensión, a tolerancia e a solidariedade, imprescindibles para unha convivencia en paz.
Cada ano dende a súa creación, o Festival Ateneo Barroco propón unha nova perspectiva de achegamento ao vasto e riquísimo mundo da música antiga e barroca na súa busca constante por ofrecer puntos de vista e de reflexión, de abordaxe e descubrimento.
Neste ano 2024 baixo o título “IMAXE E IMAXINACIÓN. FORMAS DE EXPRESIÓN E REPRESENTACIÓN MUSICAL”, os seis concertos que compoñen a programación do Festival concentran o labor de creadores e de intérpretes na recreación de imaxes, na expresión de sentimentos, na imaxinación das fantasías, na construción de arquitecturas musicais, no debuxo da humanidade, na manifestación do enxeño, na representación das ideas, …
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
CONFERENCIA
Rúa do Vilar, 19
Luns 14 outubro 2024
19.30h
CINEMA, DOC, MÚSICA…
DIE STILLE VOR BACH (O silencio antes de Bach)
Pere Portabella. Filme, España, 2007. 102′
Presentan: Xoán Gómez Viñas e José Víctor Carou
Numax (Rúa Concepción Arenal, 9)
Mércores 9 outubro 2024
20.00h
Venda de entradas a partir do 1 de outubro en www.numax.org:
4€ (abonados Numax e abonados Festival Ateneo Barroco)
4,60€ (maiores de 65 anos, menores de 18 anos, estudantes menores de 25 anos, desempregadas e carné xove)
5,90€ (público xeral)
CLUB DE LECTURA ATENEO BARROCO
(necesaria inscrición en ateneo@ateneodesantiago.gal)
PASCAL QUIGNARD
EL AMOR EL MAR
Sesión moderada por CARLOS VALDÉS
Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4 – 2º)
Venres 4 outubro 2024
19.00h
PHILIP KENNICOTT
CONTRAPUNTO. RECUERDOS DE BACH Y DE DUELO
Sesión moderada por OLAIA TUBÍO / MARÍA VILLAMARÍN
Numax Libraría (Rúa Concepción Arenal, 9)
Mércores 16 outubro 2024
20.00h
IMPROVISANDO
IMPROVISACIÓNS GOLDBERG
PABLO SEOANE piano
PABLO REGA guitarra eléctrica
Sindueña Cervexaría (Rúa Nova, 36)
Mércores 16 outubro 2024
22.00h
COMPOSITORES, XÉNEROS E CONTEXTOS
Compositores, xéneros e contextos # 1
CLAUDIO MONTEVERDI E O XESTO MÚSICO-TEATRAL
MANUEL VILAS
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Mércores 2 outubro 2024 | 20.30h
Compositores, xéneros e contextos # 2
VIOLA DA GAMBA vs. VIOLONCELLO, UNHA LOITA CREATIVA
FERNANDO SANTIAGO
Igrexa da Universidade
Sábado 5 outubro 2024 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 3
BARBARA STROZZI, A SENSIBLE EXPRESIÓN DOS AFECTOS
JULIETA VIÑAS / PAULA BRIEBA
Teatro Principal
Luns 7 outubro 2024 | 21.00h
Compositores, xéneros e contextos # 4
BACH, AS VARIACIÓNS GOLDBERG
DIEGO ARES
Teatro Principal
Martes 8 outubro 2024 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 5
AS PEZAS DE CLAVECÍN EN CONCERTO, A MESTRÍA DE RAMEAU
ANDRÉS ALBERTO GÓMEZ
Teatro Principal
Sábado 12 outubro 2024 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 6
O STYLUS PHANTASTICUS
ADRIÁN LINARES
Igrexa da Universidade
Martes 15 outubro 2024 | 20.00h