18 octubre, 2024
A XI Xornada de Usuarios de R, unha ferramenta clave para a análise de datos, celebrarase o vindeiro 24 de outubro na Facultade de Matemáticas da USC e tamén poderá seguirse en liña a través de YouTube. Este evento ofrecerá un espazo para que os asistentes compartan experiencias de uso da linguaxe de programación R en diversos campos, como a xenómica ou o estudo dos patróns matemáticos nas cerámicas de Sargadelos.
Organizada pola Asociación MeLISA e patrocinada por Amtega, a xornada incluirá vinte relatorios sobre temas que van desde a análise estatística de vivendas ata o impacto da asma na calidade de vida ou o cálculo de rutas de escape en incendios forestais. Entre os relatores destacan expertos de universidades galegas, como María Alonso Pena e Salvador Naya Fernández, e investigadores internacionais de Brasil e Colombia.
O evento contará co apoio de institucións como o CITMAga e o Instituto Galego de Estatística, e reunirá especialistas do ámbito académico e científico de dentro e fóra de Galicia, consolidando a importancia de R como ferramenta na análise e procesamento de grandes volumes de datos.