4 mayo, 2024
A Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero xa conta con as súas dúas novas comisións de traballo, que quedaron oficialmente constituídas tralas reunións mantidas entre as distintas entidades que compoñen a mesa.
A primeira delas, a de Prevención e educación en valores de igualdade, centrarase no ámbito da prevención da violencia de xénero, mentres que na segunda, denominada Coordinación das intervencións e seguimento, o persoal técnico dos distintos servizos e institucións representadas tratarán aspectos máis técnicos relacionados coa coordinación arredor dos distintos casos a tratar.
Precisamente esta Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero reuniuse de novo o pasado mes de xaneiro no Pazo de Raxoi tras cinco anos sin facelo. Naquel encontro, no que se buscaba realizar unha diagnose da situación actual da violencia de xénero no Concello de Santiago, a rexedora compostelá, Goretti Sanmartín, destacou a reactivación dun organismo «cunha nova visión, máis contido e máis traballo regular» e coa vontade de convocala, «como mínimo, semestralmente».
A devandita xuntanza, presidida pola propia alcaldesa, asistiron entonces a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, representantes dos distintos servizos municipais, asociacións e membros dos corpos e forzas de seguridad, que acordaron a creación destas dúas comisións para reforzar o seguimento técnico e os labores de prevención neste ámbito.