José Fernández Alborés, presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, e Eduardo García Erquiaga, director de Galicia Business School
1 diciembre, 2025
A Asociación Área Empresarial do Tambre ofrece aos seus asociados a posibilidade de participar no ‘Programa Xeración Dixital PEMES: Equipos Directivos’ da Galicia Business School.
Este programa, de carácter gratuíto, está dirixido a directivos, profesionais e autónomos que buscan afrontar os desafíos da era dixital e potenciar a competitividade dos seus negocios. Está orientado a que cada participante poida desenvolver un Plan de Transformación Dixital personalizado para a súa empresa ou proxecto, recibindo acompañamento individualizado por parte de expertos da escola, que lles proporcionarán as ferramentas e coñecementos necesarios para abordar este proceso nas súas empresas de maneira eficiente e efectiva.
A formación combina 5 sesións presenciais e 24 online durante tres meses nos que se impartirán 146 horas –136 horas de clases grupais e 10 horas de mentorización personalizada–. As clases presenciais promoven o intercambio de coñecemento e experiencias entre profesionais de toda Galicia e celebraranse a partir de febreiro no Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas do Biopolo Sionlla, en Santiago de Compostela. As sesións online aportan flexibilidade e facilitan a conciliación coa axenda profesional actual. O programa inclúe tamén análises prácticos de casos reais e talleres específicos para impulsar a dixitalización dos negocios participantes.
O equipo docente de Galicia Business School, integrado por directivos e profesionais en activo, iniciará as clases o 9 de febreiro. Trataranse áreas clave, ao longo de cinco módulos, como a xestión do cambio, a dixitalización operativa, o márketing dixital e novas tecnoloxías emerxentes, entre elas a intelixencia artificial, blockchain e cloud computing, cunha metodoloxía orientada á aplicación práctica en pemes.
Poderán asistir ata dous representantes por empresa, sendo requisito que as compañías teñan entre 1 e 249 empregados. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata alcanzar o máximo de 50 participantes O programa é completamente gratuíto e está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Ao finalizar a formación, entregarase a titulación do propio programa e outro certificado do ‘Programa Experto en IA para a Empresa’, ambos expedidos por Galicia Business School
Galicia Business School é a escola de negocios líder en Galicia e referente na formación directiva, premiada como a mellor formación directiva en 2024 e mellor escola de negocios de España 2022 polo diario La Razón; ranking mellores MBA en 2025, 2024 e 2023, segundo o diario El Mundo; e con múltiples programas directivos no ranking da prestixiosa revista Forbes.
O experto Jesús Corral explicará nunha sesión online como a IA está redefinindo a xestión financeira
No marco do ‘Programa Xeración Dixital PEMES: Equipos Directivos’, a Asociación Área Empresarial do Tambre e Galicia Business School celebrarán este mércores, 3 de decembro, unha webinar gratuíta sobre a revolución da intelixencia artificial aplicada á toma de decisións financeiras, ás 13:00 horas. A sesión online estará impartida polo experto en IA e analítica avanzada Jesús Corral.
A IA converteuse nunha ferramenta que está transformando a xestión financeira. Así, nesta webinar explorarase como aplicar la IA nas áreas de finanzas e control para gañar precisión, eficiencia e visión estratéxica. Corral explicará como as novas plataformas permiten monitorizar en tempo real ingresos e gastos, ofrecendo trazabilidade completa de cada transacción e eliminando zonas cegas nos procesos financeiros. Ademais, fará demostracións prácticas de automatización mediante workflows con ferramentas como Make e modelos GPT capaces de procesar documentos en segundos, reducindo riscos e minimizando o erro humano. Tamén abordará un dos ámbitos con maior impacto na función financeira: a IA Explicable (XAI), que garante que cada decisión automatizada poida auditarse, entenderse e aliñarse cos marcos reguladores actuais.
Jesús Corral López é consultor, docente e experto en intelixencia artificial e analítica avanzada. É socio fundador de Optim Asipu S.L., firma especializada en enxeñaría marítima, e profesor asociado na Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), onde imparte materias de estatística e investigación operativa en titulacións de enxeñaría. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, e conta ademais cun Máster en Enxeñaría e Xestión Portuaria e un Máster universitario en Estatística e Investigación Operativa. Tras unha sólida carreira en proxectos vinculados a portos, costas e medio ambiente, orientou a súa traxectoria cara o modelado matemático, o machine learning e a optimización de procesos, aplicando analítica avanzada á toma de decisións empresariais.
Militantes del BNG impiden. el día 18 de octubre de 1985, en el Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, la retransmisión del programa "La Clave" (TVE), por motivos de "discriminación". El espacio, presentado por José Luis Balbín, estaba dedicado esta semana a "La Autonomía de Galicia", habiendo invitado a representantes de todos los partidos políticos, a excepción del BNG. Fotos: EFE, MB y DS
En medio del bosque de robles más grande y bello de Galicia, a dos leguas de Santiago, se alza, en las encantadoras orillas del río Tambre, este plácido Asilo, regalado por la Condesa de Bugallal para retiro de los ancianos pobres de Viana do Bolo y Ponteareas, pueblos de los Condes. Acaba de ser inaugurado (año 1919). Fotos: J. Solá (Vida Gallega) y AG