7 agosto, 2024
Mañá xoves 8 de agosto a rúa de José María Suárez Núñez quedará cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa Xoaquín Díaz de Rábago e a rúa de Constantino Candeira, en horario de 8,00 a 15,00 horas debido a traballos de reparación da calzada.
Así o confirmou o Concello compostelá, que prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.