20 agosto, 2024
A compostelá avenida de Quiroga Palacios quedará cortada ao tráfico o vindeiro xoves 22 de agosto, dende as 9.00 ata as 14.00 horas, concretamente no tramo comprendido entre os cruzamentos coa rúa da Ameixaga e coa rúa do Bispo Teodomiro, por mor da realización dos traballos de roza da maleza do seu muro.
Neste horario suspenderase o paso do transporte urbano pola avenida de Quiroga Palacios, mentres que o resto dos vehículos desviaranse pola rúa de Belvís, que inverte o seu sentido de circulación, ata chegar á rúa do Campo de Santo Antonio para enlazar dende esta coa corredoira das Fraguas.
TRANSPORTE URBANO
Por este motivo, no horario indicado, producirase o seguinte desvío da liña 13 no traxecto Xeneral Pardiñas – Belvís:
-Itinerario habitual por Porta do Camiño e inicio da rúa de San Pedro, para desviarse continuando pola rúa de San Pedro, Concheiros e avda. de Lugo. A liña realizará a derradeira parada do traxecto e o tempo de espera na marquesiña da parada 86 (avda. de Lugo, cruce con Quiroga Palacios).
Paradas suprimidas: (498) Calzada de S. Pedro, Don Bosco; (499) Rúa de Belvís, convento; (111) Avda. Teodomiro, Seminario Menor; (416) Quiroga Palacios nº 10; e (417) Quiroga Palacios nº 54.