Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA
8 junio, 2025
O luns, 9 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Fundación e Casa RIA: un novo espazo aberto á comunidade no centro de Santiago de Compostela», que estará impartida por Manuel Rodríguez, Director da Fundación RIA, e presentada polo Arquitecto Ángel Panero.
Manuel Rodríguez López estudou Arquitectura na ETSAB (Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona) da Universidad Politécnica de Catalunya e realizou estudos de intercambio na LTH (Lunds Tekniska Högskola) da Universidad de Lund, en Suecia. No 2016, incorporouse a David Chipperfield Architects London para poñer en marcha e coordinar a iniciativa Estudio Arousa, que posteriormente se convertiría na Fundación RIA en 2017. Como director da fundación, desenvolve labores de representación, administración e coordinación de actividades e iniciativas impulsadas pola entidade.