Charo Rúa, Chago Martínez, Aurora da Freira e Suso do Dezaseis, recoñecidos coas Albas 2025 polo seu legado humano e cultural

O Consello Asesor de Condecoracións aprobou por unanimidade as catro distincións coa Alba de Compostela 2025 atendendo ás respectivas traxectorias profesionais e persoais das persoas elixidas, mais tamén ao seu arraigo social e a súa relevancia nos distintos ámbitos que representan.