26 agosto, 2024
NUMAX programa e proxectas dúas obras mestras na rúa Concepción Arenal. Neste segundo ano o cinema-libraría traballa dentro da programación do Festival C, organizado polo Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, para ofrecer dous filmes de culto estadounidense, un de Jacques Tourneur e outro de Douglas Sirk.
O martes 27, o público poderá gozar de balde da película ‘A muller pantera’. Unha obra de terror do 1942, nela un rapaz chamado Oliver coñece a Irena durante unha visita ao zoo. Namoran, casan e durante o convite coñece a unha muller misteriosa que afirma ser familiar de Irena, a cal comeza a actuar de forma estraña. Todos os traballos de Oliver por buscar axuda para a súa muller acabará nun acto de celos por parte de Irena que complicarán a situación.
A segunda proxección, o mércores 28, será de ‘Imitación á vida’. Este melodrama do ano 1959 conta a historia dunha actriz viuva en paro que vive coa súa filla adolescente en Nova York, entre as rúas da gran manzá coñecerá a unha muller negra á que contratará como criada e ese mesmo día o amor chegará á súa vida a través do fotógrafo Steve.
Ambos os títulos emitiranse no treito final da rúa Concepción Arenal, localización da NUMAX, a partir das 21:00. A entrada é de balde e ata completar capacidade.