4 julio, 2024
Varios espazos da cidade acollerán do próximo 21 ao 30 de xullo un ciclo de cine ao aire libre, coa proxección de seis películas recentes do audiovisual galego dirixidas ao público infantil e adulto. Esta actividade foi presentada esta mañá pola concelleira de Festas, Pilar Lueiro, e o
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, encargada xunto ao director e produtor de cine, Enrique Otero, de presentar esta actividade, explicou que, coincidindo coas Festas do Apóstolo, o Concello exhibirá en espazos públicos da cidade «o máis salientable da produción audiovisual do último ano» en sesións que serán de balde. «Cremos que festa e cultura deben ir da man e neste caso o audiovisual galego non fai máis que darnos alegrías, con recoñecementos dentro e fóra do propio país», engadiu.
Ademais, Lueiro destacou a aposta municipal por «estender a festa a todo o territorio municipal, desde o corazón verde da cidade, como é o parque Eugenio Granell, ata o rural compostelán, como Verdía, Lavacolla e Villestro».
PROGRAMACIÓN
Domingo, 21 de xullo – Parque Eugenio Granell
20:00 h: ‘Salta!’
22:30 h: ‘O Corno’
Luns, 22 de xullo – Praza de Lavacolla
22:30 h: ‘As Neves’
Martes, 23 de xullo – Exterior do CSC de Verdía
20:00 h: ‘Cuñados’
22:30 h: ‘Amigos ata a Morte’
Luns, 29 de xullo – Carballeira do CSC de Villestro
20:00 h: ‘Amigos ata a Morte’
Martes, 30 de xullo – Cemiterio de Bonaval
22:30 h: ‘Honey Moon’