Camiño Escena Norte inicia esta fin de semana con dúas funcións gratuítas en Santiago e Foz

Adrián Conde abrirá o programa o venres 13 na praza compostelá de Praterías con Check Out, unha comedia visual inspirada no cine mudo coa que gañou o Premio Fetén 2024 a Mellor Intérprete e o Premio Oh! das artes escénicas de Asturias ao Mellor Espectáculo para a Infancia

Equipo de "Camiño Escena Norte". Foto: cedida.