Gran ambiente festivo na rúa de San pedro para celebrar unha das festas máis animadas da capital de Galicia. O barrio como de costume envorcouse nunhas festas para as que moitos levan meses esperando. Non se produciron incidencias relevantes e a xornada transcorreu con total normalidade.