3 agosto, 2024
Tras o éxito de ‘O que me quedaba por dicirche’, o xornalista e escritor Alberto Mancebo xa ten data para a publicación da que será a súa segunda novela. ‘Indolente’ é o título baixo o que se presenta unha historia ambientada no ano 2041, onde as ameazas climáticas dificultarán as decisións ás que se enfrontarán os personaxes desta trama.
Desta volta o vimiancés, asentado en Santiago de Compostela, intentará traer á protagonista da aventura nunha viaxe dende Negreira ata a capital de Galicia.
O escritor adiantaba onte a súa conta de X o que será a súa segunda publicación, outra vez da man de Xerais. O lanzamento segundo a información da propia editorial será o día 5 de setembro deste ano.
A primeira copia xa está comigo! 👀
💚🚲 Nun mes, nas librerías. pic.twitter.com/wxvjZem7t1
— Alberto Mancebo (@AlbertoMancebo) August 2, 2024
Esta narrativa vén de gañar o Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta 2023. Como podemos entender polo nome do galardón, o libro contará de 152 páxinas, repetindo o formato breve do primeiro.