2 julio, 2024
O consorcio europeo de universidades EUniWell (Universidade Europea do Benestar), no que se integra a USC, anunciou a apertura da sétima convocatoria Seed Funding, un programa de financiamento ten como obxectivo que persoal investigador, profesorado, estudantado e persoal administrativo de toda a alianza EUniWell poñan en marcha proxectos colaborativos que melloren de xeito significativo o benestar na saúde, na educación, no ámbito institucional e na esfera persoal, así como na sociedade e na cultura en xeral.
A convocatoria estará aberta ata o 15 de setembro, e cada proxecto innovador pode recibir unha subvención máxima de 25.000 euros, a distribuír entre os diferentes socios, cunha duración de ata 12 meses. Á súa vez, as propostas deben contar coa participación de membros de polo menos catro universidades do consorcio. A resolución da convocatoria darase a coñecer en novembro.
As persoas interesadas no proceso de solicitude poderán asistir en xullo a tres sesións informativas en liña: o martes 9, o mércores 17 e o xoves 25, en horario de 12:00 a 13:30 horas, na que os participantes poderán «compartir as súas ideas de proxecto, conectar con posibles colaboradores e resolver calquera dúbida relacionada co proceso de solicitude».