Fabiola García avanzou que grazas a esta colaboración este recurso de atención duplicará o seu número de prazas ata acadar as 80
11 octubre, 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente de Dano Cerebral Santiago, Luciano Fernández, para contribuír a financiar con 550.000 euros o centro de atención a usuarios e familias desta entidade.
Deste xeito, Fabiola García avanzou que grazas a esta colaboración este recurso de atención duplicará o seu número de prazas ata acadar as 80. As actuacións previstas suporán – dixo- ampliar as instalacións e mellorar os espazos co obxectivo de adecualos ás necesidades dos usuarios. Neste caso, sinalou que se ampliará o comedor ao tempo que se crearán novas salas de descanso, para fisioterapia e para as actividades grupais.
A conselleira recalcou o importante papel que desenvolven as entidades sociais na atención ás persoas con discapacidade. Así, lembrou que “son parte da conquista de dereitos e avances consolidados nos últimos anos” e forman unha rede de apoios que permite a Administración galega chegar ás persoas que máis o precisan.
GALERÍA: