A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.
9 mayo, 2024
Unha das citas deportivas de maior tradición voltará a ter lugar dentro destas Festas da Ascensión coa súa Volta Ciclista polas inmediacións da Alameda que congregará máis de 250 cilcistas na que será a súa 23 edición, unha cita que foi presentada de forma oficial pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.
A concelleira destacou que se trata dunha «boa oportunidade para ver bo ciclismo e seguir apostando polo deporte no marco das festas da Ascensión», ademais dunha proba que «forma parte da memoria colectiva dos composteláns «. Nesta liña, Pilar Lueiro convidou á cidadanía a «animar e gozar desta Carreira» e reafirmou «o compromiso deste goberno co deporte como manifestación de desfrute colectivo que casa moi ben coas festas».
A proba consistirá nun percorrido polas inmediacións do icónico parque da Alameda, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I, que contará con un tramo de 300 metros de pedra, preto do cruceiro do Galo, que dará maior espectacularidade e dureza aos participantes. Prevese que uns 250 participantes de distintas categorías e modalidades (cadetes, junior, féminas, féminas elite/sub-23) participen no evento. Segundo as idades, os participantes darán media volta (categoría promesas), unha volta (principiantes), 4 voltas (alevíns), 8 voltas (infantís), 15 voltas (cadetes) e tanto junior como élite sub-23 femenino, 20 voltas.
O inicio será as 10:00 horas e finalizará ás 14.00 horas, cando terá lugar a entrega de premios na propia Alameda.
CORTES DE TRÁFICO Y DESVÍOS
Por outra banda, tal e como advertiu o Concello, as rúas do percorrido sufrirán algunhas alteracións circulatorias. «A avenida Xoán Carlos I e Carreira do Conde quedarán pechadas ao tráfico, polo que os vehículos que suban pola avenida de Rosalía de Castro serán desviados pola rúa de Montero Ríos. Tampouco se poderá circular pola rúa do Pombal en sentido subida, polo que os vehículos procedentes da rúa Galeras serán desviados cara a rúa Poza de Bar», sinalan, así como que quedará prohibido o estacionamento nas rúas avenida da Coruña e avenida de Compostela.
Tamén se verán afectados os servizos de transporte urbano das liñas 1, 4, 8, C2, P1 e P2.