A gala tamén convertiuse nunha homenaxe a Carlos González Rendo
9 mayo, 2024
A VI Gala pola Seguridade Viaria celebrada no Auditorio supuxo o colofón ao programa de actividades de Educación Viaria impulsados un curso máis pola Policía Local. Máis de 500 rapaces e rapazas dos centros escolares de Santiago participaron nun evento que pechou estas actividades dirixidas ao alumnado de 4º de Primaria, facéndose tamén entrega dos premios do concurso de debuxo organizado ao abeiro do programa.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, e representantes de todos os grupos municipais acudiron a un acto no que os rapaces e rapazas desfrutaron dun espectáculo teatral da compañía Gazafellos, no que tamén interviron axentes da Policía Local para ligar a obra coas nocións sobre seguridade viaria que lle achegaron ao alumnado ao longo do curso.
Posteriormente, fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado pola Policía Local. Tres das ilustracións gañadoras foron seleccionadas por un xurado, e a cuarta a través das redes sociais. As súas autoras recibiron como agasallo unha bicicleta e un casco. Ademais, entregáronse os diplomas acreditativos a todos os nenos e nenas que fixeron parte do programa de Educación Viaria.
Por outra banda, esta VI Gala da Seguridade Viaria convertiuse nunha homenaxe a Carlos González Rendo, policía local do departamento de Educación Viaria que participou por última vez no programa por mor da súa próxima xubilación. O axente recibiu numerosos agasallos por parte de todos os colexios que adoitan participar neste programa, así como o recoñecemento de todos os nenos e nenas.
Fotografía de archivo, tomada el pasado 5 de agosto, en la que se captó al presidente de Estados Unidos, Donald Trump (i), al hablar con el arquitecto James McCrery (d), al recorrer el techo de la Casa Blanca, antes de iniciar las remodelaciones del Ala Este de la residencia presidencial estadounidense, en Washington, DC (EE.UU.). EFE/Samuel Corum/Pool