Imaxe da Feira Cabalar que se celebrou este xoves na Feira de Amio, en Compostela
9 mayo, 2024
Como de costume, a Feira Cabalar organizada por Jacobo Pérez Paz, presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, chegou a Amio para ser un dos grandes atractivos destas festividades da Ascensión. A cita iniciou ás 10,00 horas coa apertura das inscricións na mesa do xurado para as diferentes mostras cabalares morfolóxicas e de andadura galega serrada e chapeada.
Tras esto chegaría a andadura de tradición en marcha serrada (dous tempos), seguida pola outra en marcha chapeada (catro tempos).
Xa ás 11,30 iniciáronse as distintas mostras morfolóxicas de cabalos e eguas de pura raza galega, así coma percherón, bretón, hispano-bretón ou cruzamento destes.
Por último, o público puido disfrutar do grande espectáculo ecuestre de doma, onde se viron exercicios de doma clásica, doma de alta escola, doma á vaqueira, doma en rédeas longas, carrusel e fantasías ecuestres, un evento que contou coa colaboración e participación da sección de doma de alta escola de Galicia ‘Dragóns de Santiago’ da Asociación Pura Raza Cabalo Galego