Biblioteca y Sala Capitular de la Catedral de Santiago
21 octubre, 2025
Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago, xunto coa Biblioteca Franciscana, organizan unha xornada de visitas guiadas a estes espazos culturais de titularidade eclesiástica. Terán lugar este venres 24 de outubro, a partir das 10:30 h, e están concibidas a modo de ruta, de maneira que os visitantes poidan acceder ás dúas bibliotecas nun mesmo percorrido guiado.
A Biblioteca Franciscana é a principal biblioteca da provincia franciscana de Santiago, e está situada no convento de San Francisco. Trátse dunha das máis grandes e importantes bibliotecas relacionadas con ordes relixiosas e conta na actualidade con máis de cen mil libros, dos que 80.000 pertencen ao fondo antigo, que abarca dende o século XVI ao XVIII, con 72 incunables.
Pola súa, parte, na Biblioteca da Catedral de Santiago combínanse antigos volumes, algúns incunables, coas máis recentes obras de referencia e investigacións editadas, que reflicten a triple faceta deste centro: biblioteca capitular, biblioteca xacobea e biblioteca auxiliar do Arquivo Catedralicio. Na visita guiada, ademais do actual centro de investigación, visitarase a histórica biblioteca capitular, na que se expoñen interesantes facsímiles dalgunhas das máis coñecidas obras custodiadas na basílica xacobea.
Para participar nas visitas é preciso inscribirse previamente, enviando un correo electrónico a:
-biblioteca@catedraldesantiago.es
-biblioteca@ofmsantiago.com
Unha das visitas obrigadas de todo aquel que se achegue ao termo municipal de Cervo é o Parque Natural de Sargadelos, situado na parroquia do mesmo nome. Dende Cervo pódese acceder a Sargadelos mediante un agradable paseo polo Camiño Real bordeando o Río Xunco e contemplando diversas fervenzas e muíños de auga. Unha vez chegados ás inmediacións do Parque Natural de Sargadelos, as suxestivas paisaxes invaden a vista do tranquilo verdor, destacando o Conxunto Histórico Artístico, cos restos das Antigas Fundicións e Fábricas de Louza, fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, no século XVIII. Neste enclave natural pódese camiñar polo Paseo dos Namorados que finaliza nunha bonita fervenza. Así mesmo, pódense contemplar nos seus arredores frondosos bosques salpicados de casas rurais, como a Casa da Administración ou o Pazo do Marqués de Sargadelos, que definen a súa paisaxe como rural e señorial. Fotos: Concello de Cervo e DS