11 agosto, 2024
O Evento enmarcase dentro da Semana Cultural de San Roque e contará coa Discoteca Móbil MPV MUSIC
A xuventude é o futuro. Porque xuventude e desenvolvemento é a peza esencial para dinamizar e potenciar o municipio, e por tal motivo o Concello de Arbo, organiza o martes 13 de agosto, a I edición de “Lamprey’Music” na Praza do Concello, coincidindo esa semana o Día Internacional da Xuventude.
Dende as 23:00h. en diante “Lamprey’Music” contara con música en directo coa Discoteca Móbil “MPV MUSIC” sendo a entrada é gratuita.
“Lamprey’Music”, evento enmarcado dentro do Verán Cultural está pensada para mozos e mozas a partires dos 16 anos, pero tamén se busca a participación de todas as idades, así como ofrecerlle áos arbenses alternativas de ocio nocturno na Vila, e darlle ambiente festivo e veraniego a Arbo.
Ca I edición do “Lamprey’Music” pretendese atraer a mocidade dos concellos limítrofes, incluido do país veciño Portugal, esperando que a tod@s lle guste este evento, sexa exitoso e quede marcado no calendario para próximos anos- informa o alcalde de Arbo – Horacio Gil.
«O Concello de Arbo, ofrece todo o que o visitante pode demandar, independentemente da súa idade. Arbo é un atractivo donde actividades, deporte de aventura, patrimonio, instalacións e gastronomía van da man, polo que o día 13 de agosto quen o desexe poderá desfrutar dun día fantástico:
sexa realizando rafting coas dúas empresas arbenses especializadas en deporte de aventura, refrescarse na piscina municipal, cear nun restaurante ou bar da zona e para rematar a xornada “Lamprey’Music” na Praza do Concello».
O día 13 de agosto dende o Concello convidase a todos e todas a visitar Arbo e disfrutar da I Edición do “Lamprey’Music”.