27 julio, 2024
O centro de interpretación do Pico Sacro de Lestedo en Boqueixón acolleu a presentación do libro “Tradición oral recuperada das tebras. Son contos… ou Historia?”, de Severino Fernández Abel, publicado pola editorial Medulia.
“Tradición oral recuperada das tebras. Son contos… ou Historia?” recolle un total de 18 historias que mesturan a sinxela narración de vivencias, propias ou de achegados ao autor, coa indagación sobre contos de moi diversa procedencia. O autor recoñeceu que as historias arredor da lareira marcaron a súa infancia e a súa forma de entender a sociedade.
“Esta obra vén sendo, nin máis nin menos, o reflexo dunha afección polo conto popular, pero a narración non pode ficar nunha simple anécdota de repetida reprodución oral ou escrita. Un conto debe ser investigado na súa orixe e iso é o que se intenta neste traballo cun feixe deles», apunta Severino Fernández.
O escritor estivo acompañado polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato; o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e por Amancio Liñares Giraut, escritor e profesor de Xeografía e Historia.