Elias J. Feijó, decano de Filoloxía.
20 abril, 2024
O catedrático Elias J. Feijó Torres tomou posesión como decano da Facultade de Filoloxía, tras ser reelixido no mes de febreiro, nun acto institucional presidido polo reitor Antonio López e no que tamén participou a secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella.
O novo decano asegurou a súa vontade de «continuar traballando para fomentar o sentido de pertenza» á Facultade e á Universidade.
“Ben lonxe da insuficiencia dos manuais de calidade, a necesaria calidade de vida é isto: a innovación docente, a audacia investigadora, a eficaz transferencia, a participación estudantil, os proxectos colaborativos, as salas de encontros, un permanente ollar de inclusión, diálogo e construción desde diversos ángulos, converxer, compartir, coidar, ser coidadas e coidados. A excelencia é iso, non cousas menos consistentes e efémeras”, comentou Feijóo na súa intervención.
Pola súa banda, o reitor Antonio López coincidiu na idea de abrir o espazo universitario e insistiu na necesidade de que “o coñecemento sexa útil e permita liderar e acompañar os grandes cambios que a sociedade actual afronta”, afirmou. López destacou que nos atopamos nun tempo de cambios que abren a porta a un debate sobre os modelos que pretende adoptar cada universidade. Nesa liña, lembrou que a COVID-19 deixou a experiencia do traballo baseado en modelos colaborativos e por tanto “na cultura da colaboración” que axudará a conseguir unha universidade conectada coas necesidades da sociedade.
O equipo decanal complétase coas vicedecanas Rosalía Meitín, Laurence Malingret e Alejandra Ulla, así como polo secretario Eduardo Moscoso.
O propio Feijó puxo en valor o seu traballo e o do conxunto do profesorado da Facultade, e subliñou que nela teñen a sede “23 grupos de investigación que, na súa potencia e acción, manifestan unha facultade robusta, avanzada no coñecemento e na definición de obxectivos e obxectos, dedicada a ir sempre máis lonxe na súa produción de coñecemento e desenvolvemento social”. Así mesmo, amosou o seu desexo de que a Facultade se converta “nun lugar, como espazo ocupado, confortábel e relacional”, no que se acade o benestar das persoas. E non esqueceu o estudantado, do que salientou “compromiso, lealdade e responsabilidade”.
O decano tamén lembrou que a conmemoración dos 50 anos da Facultade “terá o seu desenvolvemento no próximo ano académico 2024-2025”, sinalando que “tivo un feliz inicio na reunión de ex decanas e ex decanos do pasado mes” e “debe constituír a concretización” dos proxectos anunciados na súa toma de posesión, entre eles “o desenvolvemento dos estudos ibéricos e o fortalecemento das relación co mundo de lingua portuguesa e Latinoamérica”. «Asumimos esa conmemoración como unha esixencia de mostrar a nosa utilidade, valor e proposta nos ámbitos da docencia e da investigación, na transferencia e na difusión do coñecemento”, cerrou Feijó.
Fundado no século XII. Conserva a igrexa e parte dos edificios monásticos. De estilo cisterciense, a igrexa do Mosteiro de Santa María de Meira ten 70 metros de longo e 14 metros de alto e é un dos mellores exemplos desta tipoloxía en Galicia. Segue o estilo austero desta orde relixiosa e foi consagrado o 3 de xuño de 1258 polo Bispo Martín de Lugo, tendo lugar unha concorrida feira para celebralo. Fotos: Concello de Meira
A serra do Suído conserva diseminadas polas súas cumes moitas mostras de arquitectura popular adicadas ao pastoreo. Estas construccións tan sigulares, pódense remontar á idade media. A falta de vías de comunicación e a distancia que estes pastores percorrían facíanlles pasar longas tempadas lonxe de seus fogares. Por este motivo, e para protexerse das neves, treboadas e choivas que asolan estas terras, organizáronse para a construcción dunhas estructuras nas que resgardarse, e de toda unha serie de instalaciós secundarias, como lavadeiros, fontes ou lareiras formando un grupo humano de varios habitantes con una gran actividade, onde pasar longas tempadas. Construíanse nos lugares máis protexidos da serra, aproveitando as ladeiras da vertente sur para protexerse dos fríos e húmidos ventos do norte. Fotos: Concello de Fornelos de Montes