14 septiembre, 2024
De máis de 40 países son os 400 estudantes internacionais que asistiron este sábado ao Welcome day, día de benvida, que ofrece a USC aos alumnos que veñen facer unha estancia á cidade compostelán.
O evento tivo lugar no Xardín Das Pedras e foi presedido polo reitor Antonio López coa participaron da vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso; a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo Queijo, e da primeira tenente de alcaldesa, María Rozas.
“Ademais da experiencia académica, aproveitade as oportunidades que vos brindan as
cidades de Santiago e Lugo para a vosa vivencia persoal”, animou o reitor da USC, Antonio López na súa intervención. “É unha honra para nós contar cada curso académico con 1.500 estudantes de máis de 40 países nos nosos campus”, engadiu.
O programa do evento contou con diferentes actividades encamiñadas a presentar a universidade ao novo alumnado así como diferentes aspectos da cultura galega. Tamén se desenvolveron accións de tipo lúdico e gastronómico para que interactuasen entre eles e unha mostra de música tradicional galega a cargo do Espazo de Danza da USC.