1 septiembre, 2024
Ao parecer está moi feo preguntar pola idade de alguén, e se é muller moito peor. Considero que avellentar, crecer, madurar, o que ven sendo cumprir anos é algo fermoso e admirable. Ao final xa sabemos como vai o conto, o contrario é peor. Hoxe hai 46 anos que María Yáñez chegou ao mundo para converterse nunha icona do panorama cultural en Galicia.
A xente máis nova, témola como a nai do Internet en Galicia. Ás veces só tes que escoitar o seu ‘O outro lado da pantalla’ do Carballo Interplay do ano 2022 para entender como se formou o mundo das tres W, dos foros, dos blogs, dos vídeos de YouTube, dos filtros do Instagram e todo o que conforma o mundo da web.
Desta volta, María volve coller as rendas de Internet. Sen ser unha visionaria, nin precursora, pero si poñendo o seu gran de area para fomentar a cultura. O tempo das amoras é o título da súa newsletter, un formato cada vez máis popular que prioriza o texto e a larga lectura. Nun mundo onte semella que o único importante é crear vídeos rápidos de consumir, doados de entender e coa máxima información de actualidade ou entretemento, hai un público obxectivo que agarda con ansia un correo onde informarse ou, simplemente, pasar o tempo a través das palabras.
Neste primeiro envío, Coming of (middle) age, a experiencia persoal de María Yáñez centra o texto. Festexar o teu 46º aniversario mostrando o aprendido coa idade, falando de mulleres similares a ti, facendo recomendacións audiovisuais e falando de música. Un espazo onde como ben di ela mesma, «falaremos de cinema, de música, de política, de deporte ou do que cadre, sempre que interseccione coa vida, que nos fure dalgún xeito. Que nos axude a entendela ou a gozala un pouco máis.»
Xornalista, editora e guionista. Ou polo menos iso pon na Wikipedia.
María rematou os seus estudos en xornalismo na USC a comezos dos anos 2000. Pouco despois afundiuse no mundo do Internet dirixindo a revista electrónica Bravú.net. Nesta liña, anos despois tamén creou o seu blog ‘Todo Nada’. Tamén dirixiu o portal ‘Vieiros’.
Seguindo esta liña de palabras na web, María Yáñez creou a revista dixital ‘Vinte’, da que tamén foi directora ata este ano.
Abrín un substack. 🫣https://t.co/iXgR61kyyQ
— María Yáñez (@myanllo) August 31, 2024