“O evento contará con 15 categorías dende os 3 anos ata os 65, e tamén acollerá a zapatilla inclusiva e unha carreira por parellas” explicou Vidal, quen animou a tódolos deportistas e atletas do Concello a participar. Pola súa parte, Clara Millares, destacou que a saída e a meta da carreira estarán na Praza Pablo Neruda, ao igual que a recollida de dorsais. “O circuíto será urbano, e habilitaranse as duchas da Fieiteira para todo aquel que precise dispor dese servizo.
“A carreira 5K será a partir da categoría sub-18” informou Millares. “Mentres que a categoría sub-16 serán tres voltas arredor do Concello, sub-10, 12 e 14 serán dúas voltas arredor do Concello, sub-8; unha volta ao Concello, e os pitufos correrán 150 metros, para os que haberá unha medalla conmemorativa da carreira.
As inscricións para a 5K, a carreira por parellas e a zapatilla inclusiva terán un prezo de 6 euros, mentres que o resto serán gratuítas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros da absoluta, masculina e feminina, e tamén para a persoa que bata o récord da carreira, que nestes momentos está en 15,13 minutos o masculino; e o feminino en 16,49 minutos. “O homenaxeado, José Nespereira, ten un récord de 14,37 minutos, e haberá tamén un premio especial para aquela persoa que consiga batilo” explicou Clara Millares.