A terraza do museo do CGAC está aberta ao público durante as fin de semanas. / Foto: CGAC
19 octubre, 2024
Pasear por Santiago pode ser unha actividade entretida e moi bonita, as súas rúas ofrecen un casco histórico ben acolledor e apetecible para pasear, incluídos os días de choiva porque estamos en Compostela. Pero hai moito máis ca ver da nosa cidade, visitaches algunha vez a terraza do museo do CGAC?
Neste lugar, que tamén podemos catalogar como miradoiro de Santiago, está situada a obra permanente do artista Dan Graham, Triangular pavillón, polo que acabarás mesturando un paseo, unha paisaxe e unha visita cultural! E de balde, que sempre presta no peto.
O acceso ao espazo realízase baixo a supervisión do persoal do centro, polo que só tes que preguntar na recepción os sábados e domingos ás 13:00. Por moito que teñas paraugas non leves un chasco se non podes subir, acceso á terraza está suxeito aos cambios meteorolóxicos. Se o tempo o permite, terás permitido subir á terraza. Estas visitas non contan con guía polo que aquí tes unha breve explicación da obra que verás alí:
Dan Graham foi un artista estadounidense nado en 1942, considerado un dos máis importantes deste século, comezou a súa andaina no mundo laboral sendo galerista e escritor. Na esfera da arte experimentou coa fotografía, performance, vídeo e instalacións.
Entre as décadas dos anos 70 e 80, crea os seus coñecidos pavillóns. Neles traballa coa arquitectura mesturando cristais e espellos para crear instalacións como a que podemos coñecer na terraza do CGAC. Graham invitaba a xogar con eles, reflexionar como nos percibimos, como vemos os reflexos e interactuamos cos espazos.
A obra de Triangular pavillón foi creada especificamente par colocar neste lugar, desta forma os visitantes poden facer unha relación coa arquitectura do propio centro e a paisaxe de Compostela que nos permite o miradoiro.
Graham explorou a xeometría con estas figuras, deixando que os espectadores se adentraran na experiencia dende dentro e fóra. Tras unha longa vida e un longo percorrido laboral o artista falece no 2022.
Todas as visitas son de balde
No mes de xuño de 1982 o Parlamento de Galicia trasladouse provisionalmente ao Pazo de Fonseca, cedido pola Universidade de Santiago de Compostela. Parte das dependencias administrativas continuaron nos baixos do Pazo de Raxoi, cedidos polo Concello de Santiago de Compostela. En Fonseca, o Lexislativo galego estivo instalado entre xuño de 1982 e febreiro de 1989. Na foto, unha sesión no Parlamento. Fotos: AG e PG