3 septiembre, 2024
Xa podes gozar do Pop-up de libros creado en aCAFE. Dende onte, 2 de setembro, e ata o día 5 a librería NUMAX escolleu certos títulos relacionados con ‘Silvestre’, obra co-escrita por Blanca del Noval, que vén de realizar unha residencia con Abastos e Cuarto Pexigo.
O horario para poder entrar nesta librería efémera é de 11:00 a 13:00, onde poderás achegarte para mercar libros que xiran arredor da natureza e gastronomía.
Este evento literario fugaz está dentro da semana onde se pode gozar dunha proposta gastronómica de Blanca del Noval, nela trata os temas propostos no seu traballo, ‘Silvestre’. Pechando así a extancia da gastrónoma e investigadora. Durante esta experiencia percorreu Galicia na pescuda de plantas silvestres comestibles e creando un vínculo coa sociedade na que se atopan. As Residencias de Mercado é un proxecto creado por Abastos e Cuarto Pexigo.
Os días 5 e 6 pódese reservar para degustar os sabores de Blanca a través de un menú de 70 pratos e bebidas fermentadas. Acompañados de viños naturais.