27 octubre, 2025
Gadis repartiu máis de 73.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene entre 79 protectoras e refuxios de animais de Galicia e Castela e León. É o resultado da 7ª campaña Alimenta la amistad, que reflicte o compromiso de Gadis e os seus clientes co benestar animal.
A empresa pon en valor a participación activa dos seus clientes en todas as causas solidarias que pon en marcha. Nesta ocasión, a iniciativa de recollida de alimentos e produtos de hixiene para cans e gatos desenvolveuse entre os días 1 e 12 deste mes de outubro en 202 puntos de venda.
A fórmula para colaborar era mixta e a achega económica ascendeu a 3.248 €, aos que Gadis sumou 15.265 €. Unha axuda da que se beneficiarán entidades das provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra; e Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora.
Ademais de agradecer a solidariedade dos clientes, Gadis tamén quere mostrar a súa gratitude aos voluntarios que, coa súa presenza nos supermercados, favoreceron unha maior colaboración.
Preto de medio millón de quilos en 7 anos
Gadis logrou construír unha rede de apoio local en torno ao respecto e protección dos animais nestes sete anos. Desde que lanzou a campaña Alimenta la amistad, distribuíu máis de 473.000 quilos de produtos destinados á alimentación e coidado de cans e gatos abandonados en institucións das dúas comunidades autónomas nas que está presente.
Responsabilidade social en materia de benestar animal
A cultura de respecto e coidado animal está recollida no programa de Responsabilidade Social Corporativa da empresa que, cada ano, con motivo do Día Mundial dos Animais, pon en marcha a campaña Alimenta la Amistad.