3 julio, 2024
A Real Federación Galega de Fútbol chegou a un acordo coa Federación Catalana para disputar catro partidos entre as Selecciones Absolutas masculina e feminina de fútbol sala das dúas Autonomías. Os dous primeiros partidos disputaranse o 11 de setembro en Cataluña e os dous restantes xogaranse nunha data aínda por determinar durante 2025 en terras galegas.
Os dous combinados galegos estarán conformados por xogadores e xogadoras nados en Galicia. Nos vindeiros días daranse a coñecer os seleccionadores.
Deste xeito a RFGF da resposta a unha demanda dos clubs e da afección galega so fútbol sala, pois Galicia é unha das Comunidades con máis tradición deste deporte en España.
Antecedentes
A selección galega absoluta de fútbol sala non xogaba desde o 2008, cando disputou un amigable contra a selección de Uruguai no pavillón A Malata de Ferrol.
O equipo feminino absoluto xogou en 2017, xa con Rafael Louzán, na presidencia da RFGF, precisamente contra Cataluña, no pavillón santiagués de Santa Isabel.