
15 octubre, 2024
O cartel da VII Mostra Mares da Fin do Mundo amosa unha fotografía do Telamon, un cargueiro semiafundido na costa de Lanzarote dende hai 43 anos. Unha embarcación que encallou no 1981 mentres transportaba madeira dende Costa de Marfil ata Tesalónica. Tras unha longa espera estanse levando a cabo traballos de selado e desmantelamento do buque. A estampa foi fotografada polo galego José María Picón, residente en Lanzarote.
Así é o protagonista do anuncio desta Mostra Internacional de Cinema Documental que acollerá por sétima volta o concello de Ribeira. As datas serán entre o 30 de outubro e o 3 de novembro.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Maresdafindomundo (@maresdafindomundo)
No mes de xuño de 1982 o Parlamento de Galicia trasladouse provisionalmente ao Pazo de Fonseca, cedido pola Universidade de Santiago de Compostela. Parte das dependencias administrativas continuaron nos baixos do Pazo de Raxoi, cedidos polo Concello de Santiago de Compostela. En Fonseca, o Lexislativo galego estivo instalado entre xuño de 1982 e febreiro de 1989. Na foto, unha sesión no Parlamento. Fotos: AG e PG